Por la relevancia actual del tema y la controversia que causa, y dado que ya se ha publicado en la Web Oficial de la Semana Santa de Viveiro y en el blog Cofrades de Viveiro, nos parece un artículo interesante, el de nuestro querido amigo y Vicario General D. Antonio, que os dejamos para vuestra lectura y reflexión:
"Nunha
primeira lectura poden semellar a mesma celebración con idéntica
mensaxe. O “Halloween” ou “Samaín” efectivamente é unha festa ancestral,
evocadora do mundo do máis alá, de orixe celta, exportada a
Norteamérica e de novo importada ao noso ámbito cultural.
Sería
una pena que, sen máis, nos deixáramos invadir por estas modas e modos
de pensar ante o misterio da morte. Precisamente no calendario do Ano
Litúrxico a Igrexa recórdanos nestas datas que nos debemos sentir
alegres e agradecidos pola multitude incontable de persoas, coñecidas ou
non, que nos precederon nesta vida e que agora xa non están con nós.
Moitos
de deles, por non dicir a inmensa maioría, son os “santos” que xa
participan plenamente na resurrección de Cristo. Ser “santo” é ser
“benaventurado”, e “benaventurado” é o mesmo que “feliz”: eles viven, xa
para sempre, a felicidade e a dita que só Deus, “o Santo dos santos”,
nos pode regalar.
Esa
é a esperanza que temos os cristiáns e que celebramos nestes días
primeiros de novembro. Non son días para vivir con medo e con tristura.
Tampouco para xogar ou facer un divertimento a costa do “máis alá”.
Santos e Defuntos son días de loanza e acción de grazas por tanta xente
de ben que pasou por esta vida e agora viven “doutra maneira” para Deus.
Esta é a nosa meta e a nosa esperanza."
No hay comentarios:
Publicar un comentario