Páginas

martes, 1 de noviembre de 2011

Artículo sobre el día de difuntos del Vicario General, Rvdo. D. Antonio Rodríguez Basanta.

Por la relevancia actual del tema y la controversia que causa, y dado que ya se ha publicado en la Web Oficial de la Semana Santa de Viveiro y en el blog Cofrades de Viveiro, nos parece un artículo interesante, el de nuestro querido amigo y Vicario General D. Antonio, que os dejamos para vuestra lectura y reflexión:

"Nunha primeira lectura poden semellar a mesma celebración con idéntica mensaxe. O “Halloween” ou “Samaín” efectivamente é unha festa ancestral, evocadora do mundo do máis alá, de orixe celta, exportada a Norteamérica e de novo importada ao noso ámbito cultural.
Sería una pena que, sen máis, nos deixáramos invadir por estas modas e modos de pensar ante o misterio da morte. Precisamente no calendario do Ano Litúrxico a Igrexa recórdanos nestas datas que nos debemos sentir alegres e agradecidos pola multitude incontable de persoas, coñecidas ou non, que nos precederon nesta vida e que agora xa non están con nós.
Moitos de deles, por non dicir a inmensa maioría, son os “santos” que xa participan plenamente na resurrección de Cristo. Ser “santo” é ser “benaventurado”, e “benaventurado” é o mesmo que “feliz”: eles viven, xa para sempre, a felicidade e a dita que só Deus, “o Santo dos santos”, nos pode regalar.
Esa é a esperanza que temos os cristiáns e que celebramos nestes días primeiros de novembro. Non son días para vivir con medo e con tristura. Tampouco para xogar ou facer un divertimento a costa  do “máis alá”. Santos e Defuntos son días de loanza e acción de grazas por tanta xente de ben que pasou por esta vida e agora viven “doutra maneira” para Deus. Esta é a nosa meta e a nosa esperanza."

No hay comentarios:

Publicar un comentario